agenda
Visitas guiadas a la exposición

Visitas guiadas a la exposición "Pontevedra suite" de Manuel Moldes

Desde 12 ago 2017 ata 16 set 2017
Museo de Pontevedra, Sexto Edificio, Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. Pontevedra
19:00 h
O Gabinete Didáctico realizará visitas comentadas á exposición Pontevedra Suite que recolle a obra do artista pontevedrés Manuel Moldes realizada durante uns anos transcendentais no seu proceso creador. O programa comeza o sábado 12 de agosto e conclúe o 16 de setembro. Para participar nestas visitas non é necesario inscribirse, só estar puntual na recepción do Sexto Edificio. Os grupos que de forma organizada queiran solicitar unha visita guiada á exposición fóra deste horario, terán que poñerse en contacto co Gabinete Didáctico en: gabinetedidactico.museo@depo.es ou 986 804 100 (horario de atención: de luns a venres de 8:00 a 14:30).
Información