agenda
Exposición “Rexas, mulleres baixo o terror franquista”

Exposición “Rexas, mulleres baixo o terror franquista”

Desde 03 ago 2017 ata 31 ago 2017
Sala de exposicións da Área Panorámica de Tui. Tui
12:00 h
Esta exposición, a través de 78 fotografías, conta as historias de 172 mulleres (30 delas da comarca de Deza-Tabeirós), algunhas delas feitas públicas por primeira vez. A mostra está dividida en tres bloques: o primeiro é o da contextualización histórica, que amosa como o golpe de Estado supuxo unha quebra dos dereitos da República; o segundo, o máis longo, analiza as diferentes tipoloxías de represión desde a perspectiva das mulleres que a sufriron; o terceiro busca recoñecer o labor solidario e resistente das mulleres e o seu apoio imprescindible á guerrilla.
Información
  • Inauguración: xoves 3 de agosto ás 12.00 h
  • Horario de visita: do 1 ao 20 agosto, de luns a venres, de 9.30 h a 14.00 h; do 21 ao 31 de agosto, de luns a venres, de 9.30 a 14.00 h e de 16.00 a 21.00 h, os sábados, de 9.00 a 13.00 h