DepoVerde

DepoVerde

Obxectivos

O obxectivo xeral do proxecto é impulsar as producións hortofrutícolas e apícolas de calidade nos espazos protexidos e mellorar a empregabilidade das e dos habitantes destas zonas.

Resumo do proxecto

O proxecto desenvolverase en zonas da Rede Natura e irá destinado a todas as persoas interesadas en levar a cabo unha iniciativa empresarial nestes espazos ou traballar nos sectores hortofrutícola ou apícola.

Impartiranse 16 accións formativas, presenciais e en liña, cos seguintes contidos:

Apicultura sustentable

Capacitar as persoas interesadas en levar a cabo a actividade apícola sustentable en espazos protexidos ou a quen desexe mellorar a súa empregabilidade facendo un uso máis eficiente dos recursos naturais a través dunha actividade plenamente integrada no medio, contribuíndo á conservación da biodiversidade e da paisaxe nestas zonas.

Temática:

  1. Contextualización da zona de estudo. Datos de interese: descrición do medio físico, medio socioeconómico e outros. Definición e clasificación dos recursos naturais. Identificación e valorización do patrimonio natural e cultural da comarca. Identificación e descrición da diversidade da zona: especies vexetais locais.
  2. Antecedentes da Apis mellifera. Iniciación na apicultura sustentable. A apicultura e o medio. Comportamento social das abellas. Ferramentas e insumos do apicultor. Proceso produtivo para a obtención do mel.
  3. Proceso produtivo para a obtención de pole, cera, própole e xelea real. Importancia da apicultura rexional.
  4. Enfermidades e pragas na apicultura. Flora apícola e polinización. Cría natural de abellas raíñas. Observación do calendario apícola rexional.
  5. Produción apícola como motor económico nas zonas protexidas: produtos locais, selos de calidade alimentaria. Valor engadido dos produtos locais. Valor engadido da actividade agroalimentaria en espazos protexidos.
  6. Produción apícola ecolóxica.
  7. Xestión empresarial. Diferentes estratexias para o desenvolvemento local: os procesos colaborativos, sinerxías e redes de valor territorial, asociacionismo e cooperativismo, comercialización en liña. Axudas e subvencións. Lexislación aplicable. Prevención de riscos laborais no sector apícola.

Das 8 accións formativas recollidas neste punto, 6 correspóndense con formación presencial e os 2 restantes con formación a distancia, a través dunha plataforma de teleformación en liña.

Hortofruticultura sustentable

Preparar ao alumnado nas técnicas de cultivo empregadas en hortofruticultura sustentable e fomentar o emprego neste tipo de agricultura, máis respectuosa co medio.

Temática:

  1. Introdución á hortofruticultura sustentable.
  2. A hortofruticultura na provincia de Pontevedra.
  3. O solo e a súa preparación. Fertilización, rega e xestión da cuberta vexetal.
  4. Operacións de cultivo das principais hortalizas.
  5. Técnicas de cultivo de froitas e hortalizas. Recolección e xestión. Preparación para o mercado. Xestión dos residuos que se xeran na explotación.
  6. Principais parasitos e xestión fitosanitaria.
  7. Os invernadoiros.
  8. Xestión dunha explotación hortofrutícola.

Impartiranse 8 tipos de accións, das cales 6 correspóndense con formación presencial e os 2 restantes con formación a distancia, a través dunha plataforma de teleformación en liña.

CONVOCATORIA

Programa EmpregaVerde 2017 (Fundación Biodiversidade)

Eixo

Crea

Temática ambiental

Agricultura e gandería sustentable (hortofruticultura e apicultura sustentables)

Socios

  • Deputación de Pontevedra (beneficiario)
  • UPA Andalucía (colaborador)

Orzamento

  • Orzamento total: 138.387,38 €
  • Orzamento cofinanciado polo FSE: 110.709,90 €
  • Achega da Deputación (15 % do orzamento total): 20.758,11 €

Cofinanciamento

Máximo de cofinanciamento do 80 % do FSE

Comunidades autónomas onde residen as persoas destinatarias

Galicia e Andalucía

Provincias onde residen as persoas destinatarias

Pontevedra, Sevilla, Xaén, Huelva, Málaga, Cádiz, Córdoba e Almería

Logos del proyecto