Depoemprende na escola

DepoEmprende na escola 2017-2018

A Deputación de Pontevedra, dentro da liña de apoio ao emprendemento que está a impulsar en diferentes áreas, promove o desenvolvemento de proxectos que contribúen ao estímulo da cultura emprendedora no sistema educativo e conta con persoal cualificado e recursos materiais para integrar novas actividades na programación dos centros.

É por isto que se propón realizar unha convocatoria aos centros públicos de Educación Primaria e de Educación Especial da provincia de Pontevedra para participar no proxecto "DepoEmprende na escola" 2017-2018, un programa co que se pretende promover a adquisición da competencia emprendedora utilizando unha metodoloxía na que o alumnado é o protagonista e centro da súa propia aprendizaxe, mediante un traballo práctico de creación e xestión dunha cooperativa escolar nas aulas, onde fabricarán produtos que venderán nun mercado ou nunha feira da súa localidade.

O prazo de presentación de solicitudes será a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOPPO ata o día 15 de xullo de 2017