DepoEmprende

DepoEmprende

A Deputación de Pontevedra pon en marcha o programa "DepoEmprende", aprobado pola Fundación Incyde e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Obxectivos

  • Fomentar a cultura e o espírito emprendedores, eliminando as barreiras que dificultan ou impiden a transformación das ideas en proxectos concretos
  • Promover a incorporación ao mercado laboral de 120 persoas menores de 30 anos de toda a provincia, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación
  • Ofertar seis itinerarios de emprendemento xuvenil adaptados ás necesidades da mocidade en seis localizacións diferentes da rede da Fundación Incyde e aumentar a súa calidade e eficiencia (Tui, Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Barro-Meis e Lalín)
  • Garantir a non exclusión por motivos sociais, de nivel formativo, por razóns de xénero ou polo lugar de orixe, de ningunha persoa que responda ao perfil de destinataria
  • Conseguir de maneira efectiva que 36 mozas e mozos se incorporen ao mercado laboral, tanto por conta propia coma allea

Persoas beneficiarias: menores de 30 anos de toda a provincia, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación. Deberán estar rexistradas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Accións que se van realizar: as fases do proxecto que vai executar a Deputación de Pontevedra coa colaboración das cámaras da provincia son as seguintes:

  1. Captación das persoas beneficiarias
  2. Promoción da cultura emprendedora
  3. Formación en emprendemento, definición dun proxecto empresarial etc.
  4. Asesoramento e seguimento nas etapas iniciais de cada un dos proxectos 

As persoas interesadas teñen que cubrir a ficha de inscrición, presentar o documento de identidade vixente e o documento acreditativo de estar inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil.

Formulario de inscrición no programa DepoEmprende (descargar)

Para solicitar máis información débese enviar un correo electrónico a depoemprega2016@depo.es.

Presentación do proxecto DepoEmprende, 10 de agosto de 2016

Galería fotográfica