#XUVENTUDE

“Campamentos A Lanzada”

2024

Ofértase para este verán un total de 1.540 prazas destinadas a persoas menores da provincia de Pontevedra nadas entre 2011 e 2016


A Deputación de Pontevedra abre un ano máis os “Campamentos A Lanzada”, cun total de 1.540 prazas destinadas a nenas e nenos da provincia nados entre 2011 e 2016

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles e abrirase o 30 de xaneiro.

  • 1.330 prazas adxudicaranse polo procedemento xeral
  • 210 prazas adxudicaranse polo procedemento específico, que se reservarán para menores en situación ou en risco de exclusión social

A institución destinará 210 prazas a menores en risco de exclusión social, das cales 175 reservaranse para os concellos, 25 para o alumnado do Centro Príncipe Felipe e 10 para menores en situación de tutela e garda administrativa doutros centros da provincia de Pontevedra.

O programa desenvolverase entre o 23 de xuño e o 7 de setembro en once quendas, cada unha de sete días de duración.

A entrada será o domingo pola tarde, de 16 a 18 horas, e a saída o seguinte sábado pola mañá, de 10 a 12 horas.

Cada grupo visitará A Illa de Ons e fará unha segunda excursión relacionada coa natureza e co coidado do medio. Tamén está previsto realizar o tradicional obradoiro para elixir a mascota oficial do programa.

Baixo o nome “A Lanzada, un paseo pola historia”, a Deputación ofertará un programa de actividades destinado a favorecer a igualdade de xénero, a inclusión, a aprendizaxe da lingua inglesa, a arte, a cultura, a ciencia, o deporte, a lingua de signos, o respecto e o coñecemento da natureza, e a dinamización e o coñecemento multicultural da contorna.

Mostrando o intervalo 1 - 3 de 21 resultados.