Deportes-Depo Andainas

Soutomaior. Soutomaior: Pedra e Auga

  • Data da andaina: domingo 15 de outubro de 2017
  • Apertura de inscricións: 2 de outubro de 2017
  • Peche de inscricións: 11 de outubro de 2017
  • Localidade: Soutomaior
  • Hora de inicio da andaina: 09.30
  • Hora de finalización da andaina: 13.30 (aproximadamente)
  • Hora de encontro: 09.00
  • Punto de partida e de encontro: Aparcamento do Castelo de Soutomaior
  • Horario do autocar (165 prazas)
    • Ruta 1: 08:00h  Vigo (Praza de España).
    • Ruta 2: 08:30h  Pontevedra (Praza de Galicia).
  • Actividade gratuíta
  • Dificultade: baixa
  • Distancia: 10 km
  • Duración: 4 h
  • Tipo de percorrido: circular
  • Descrición da ruta:

    Ruta lendaria que nos recorda épocas pasadas da nosa historia a través de construcións de pedra regadas pola auga dos ríos e regatos que as rodean. Un dos técnicos caracterizarase de Pedro Madruga, o señor feudal que, no século XII, levou o castelo ao seu maior esplendor.

    Partimos do castelo de Soutomaior, tras visitar o xardín botánico máis importante de Galicia, e dirixímonos ao río Verdugo, deixando atrás a igrexa de San Salvador. Percorremos o sendeiro que remonta o río e cruzamos a famosa ponte medieval de tres arcos: a ponte de Comboa. Proseguimos o noso camiño e chegamos á praia fluvial que leva o mesmo nome, con todas as comodidades para facer un pequeno descanso.

    Seguindo o sendeiro chegamos á ponte colgante do Verdugo, ao lugar coñecido como "poza das bestas", onde podemos divisar restos de muíños xa derruídos debido ao paso do tempo. Alí cruzamos cara ao Sobral e retornamos ao castelo, para finalizar a ruta divisando leiras verdes e paisaxes típicas do rural galego.

  • Lugares de interese:

    O castelo de Soutomaior e os seus xardíns botánicos (considerados os máis importantes de Galicia), a ponte medieval de Camboa, paisaxes e espazos naturais coma praias fluviais, castiñeiros e fentos do río Verdugo, muíños de auga derruídos que forman parte da Galicia máis rural, a ponte colgante e a igrexa románica de San Salvador, co seu cruceiro dos Santos.

  • Actividades lúdico deportivas:

    Iniciación ao tiro con arco impartido por monitores especializados. Esta actividade permite o achegamento ao medio natural e non esixe condicións físicas especiais, polo que estará especialmente a dirixida aos menores asistentes á andaina.

  • Avituallamento: ao inicio, no intermedio e ao final da ruta
  • Agasallo: as persoas participantes que realicen polo menos tres rutas de Depo Andainas recibirán unha mochila como regalo exclusivo
  • Servizo sanitario individual e asistencia sanitaria en ruta
  • Asistencia turística durante a ruta e acompañamento durante todo o percorrido
  • Teléfono de contacto da organización: 670 892 307 (Alba González)

Recomendacións para as persoas participantes

  1. Calzado adecuado: zapatillas de sendeirismo ou montaña, botas de trekking e calcetíns de algodón ou material transpirable (non se recomenda estrear calzado o día da ruta)
  2. Gorra, viseira, sombreiro ou outro tipo de protección para a cabeza
  3. Mochila pequena e lixeira para levar accesorios persoais, unha botella de auga (a organización repartirá auga pero é importante que cada participante leve tamén unha botella) e protección para o sol
  4. Camiseta de algodón ou dun material transpirable (unha de manga curta e outra de manga longa). Non se recomenda levar camiseta de tiras polas rozaduras que podería ocasionar a mochila
  5. Suadoiro e chuvasqueiro para os cambios de temperatura e pola posibilidade de choiva
  6. Teléfono móbil, tarxeta sanitaria e DNI
  7. Recoméndase avisar, antes da realización da ruta, de posibles alerxias e/ou intolerancias, así como proporcionar calquera información importante no caso de urxencia sanitaria
  8. Debemos ser respectuosos co medio ambiente, coidando da fauna e da flora da ruta, sen ensuciar nin danar nada durante o percorrido