Escola de Igualdade María Vinyals

Curso de Formación en Igualdade

Dentro das accións formativas da Escola de Igualdade María Vinyals, a Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Universidade de Vigo, organiza un Curso de Formación en Igualdade.

Está dirixido a profesorado e alumnado da Universidade de Vigo, profesorado e persoal educativo dos centros dependentes da institución provincial (Escola de Cantería, Escola de Enfermería, Centro Príncipe Felipe) e profesorado de centros de ensino dependentes da Consellería de Educación (educación infantil, primaria e secundaria).

Lugar de realización: Escola de Enxeñaría Forestal (Aula 9 ). Campus Universitario de Pontevedra

Curso eminentemente práctico, de 100 horas de duración, que constará de dous módulos cunha parte presencial (30 h) e outra en liña (20 h) en cada un deles.

Ao finalizar cada un dos módulos do curso a Universidade de Vigo expedirá unha certificación oficial (do nivel I e do nivel II).

Datas de realización: luns e xoves, de 17:30 a 20:30 h, desde o 23 de outubro

O primeiro módulo (nivel I) realizarase de outubro a decembro de 2017. O segundo módulo (nivel II) levarase a cabo de xaneiro a marzo de 2018.

Núm. de prazas ofertadas: 40 (por rigorosa orde de inscrición)

O prazo para a presentación de solicitudes empezará o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e rematará o 13 de outubro de 2017, este incluído.