#COHESIÓNSOCIAL

Cursos gratuítos de Español

Para a Preparación do DELE A2

Os cursos teñen por obxectivo a preparación preeminentemente práctica das probas (orais, escritas e de comprensión) do exame para obter a certificación do nivel A2 de español do Instituto Cervantes (DELE A2) empregando supostos prácticos e simulacros de exame, e desenvolvendo destrezas e estratexias para rendibilizar os coñecementos e adaptalos á duración da proba.


Destinado a persoas inmigrantes que reúnan os seguintes requisitos:

  • Atoparse en situación regular en España
  • Ser maiores de 16 anos
  • Estar empadroadas nun concello da provincia de Pontevedra
  • Saber ler e escribir
  • Ter coñecementos básicos da lingua española (o nivel do curso será o A2 do MCER)
  • Non contar cunha dispensa do Ministerio de Xustiza para realizar a proba do DELE A2

Ofértanse tres edicións de ata sesenta prazas, cun máximo de vinte alumnas e alumnos por curso.

  • Primeira edición: Vigo
    • Datas: do 20 de maio ao 5 de xuño de 2024
    • Lugar: o que determine a Deputación
    • Número de horas: 40
    • Días: de luns a venres
    • Horario: pendente de determinar; poderá ser pola mañá, de 10 a 13 horas, ou pola tarde, de 16 a 19 horas
  • Segunda edición: Pontevedra
    • Datas: do 20 de maio ao 5 de xuño de 2024
    • Lugar: o que determine a Deputación
    • Número de horas: 40
    • Días: de luns a venres
    • Horario: pendente de determinar; poderá ser pola mañá, de 10 a 13 horas, ou pola tarde, de 16 a 19 horas
  • Terceira edición: Vilagarcía de Arousa
    • Datas: do 10 ao 26 de xuño de 2024
    • Lugar: o que determine a Deputación
    • Número de horas: 40
    • Días: de luns a venres
    • Horario: pendente de determinar; poderá ser pola mañá, de 10 a 13 horas, ou pola tarde, de 16 a 19 horas

ODS NOS QUE TEN IMPACTO