Coworking en Pontevedra

Programa de coworking en Pontevedra: un lugar para emprender

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da Escola de Organización Industrial (EOI), e a Deputación de Pontevedra subscribiron un acordo de colaboración para promover a iniciativa empresarial local coa apertura conxunta de espazos de coworking nas localidades de Barro-Meis.

A través desta iniciativa preténdese fomentar o emprendemento e aumentar as posibilidades de éxito dos proxectos de negocio que participen destes espazos de coworking, nun período de cinco meses, identificando as propostas con máis potencial de crecemento. Desta forma, a EOI e a Deputación de Pontevedra buscan que as iniciativas participantes poidan incorporarse en aceleradoras e cubrir así a seguinte fase no desenvolvemento das súas empresas.

Con esta finalidade levaranse a cabo diferentes actividades:

  • Obradoiros para axudar a validar o modelo de negocio con metodoloxías áxiles e a desenvolver as habilidades imprescindibles para poñelo en marcha
  • Sesións de formación en grupo nas que se traballarán materias específicas para impulsar e poñer en funcionamento os proxectos do espazo coworking
  • Sesións de mentorización por parte de persoas expertas centradas en acompañar as emprendedoras e emprendedores desde o momento do deseño de modelo de negocio ata a súa posta en marcha e optimización de ideas, dando resposta ás necesidades que xurdan no camiño
  • Eventos encamiñados a potenciar o networking e a compartir boas prácticas, contando coa experiencia de persoas expertas e do mundo empresarial

Esta convocatoria está dirixida as emprendedoras e emprendedores cun proxecto en fase temperá de desenvolvemento ou cunha empresa creada recentemente (non máis de 6 meses antes da súa incorporación ao espazo coworking).

Sede: viveiro de empresas de Barro-Meis, polígono industrial Barro-Meis, parcelas A4.5, Outeda-Curro, 36191 Barro, Pontevedra

Distribución da planta baixa e primera do Centro de servizos e apoio empresaria (pdf)

Máis información: cwpontevedra@eoi.es

02-11-2017 Coworking Barro