Cooperación transfronteiriza

Convenio coa FCEER

As seis universidades galegas e as do norte de Portugal colaborarán coa Deputación de Pontevedra para dinamizar a zona do Miño transfronteirizo a través do convenio asinado coa Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais (FCEER) no mes de marzo.

A FCEER é unha entidade sen ánimo de lucro que reúne as universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña e as de Minho, Porto e Trás os Montes para desenvolveren actividades, proxectos e candidaturas a programas de desenvolvemento, investigación e innovación no marco da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. A día de hoxe a cooperación entre ambas as institucións xa é un feito, posto que o persoal técnico desas universidades traballou nas candidaturas Visit Río Miño e Smart Miño, que se presentaron recentemente, para obter 7,5 millóns de euros de fondos do programa europeo Interreg V A-POPTEC. 

Descargas