Entidades locales menores

Chenlo

A parroquia de San Xoán de Chenlo está adscrita ó concello do Porriño desde que se levou a cabo a configuración definitiva dos concellos constitucionais en 1836.

En épocas anteriores pertenceu á xurisdición do Porriño, baixo o señorío do conde de Salvaterra. Entre 1812 e 1821 estivo integrada no concello de Mosende coas parroquias de Pontellas e a propia de Mosende. Os veciños intentaron manter esta situación e fixeron varias reclamacións sen éxito. Finalmente, o concello de Mosende desapareceu e San Xoán de Chenlo integrouse no do Porriño.

A parroquia de Chenlo ten unha superficie de 10 quilómetros cadrados e 547 habitantes. Consta dos seguintes lugares: As Abas, A Becerreira, As Cabreiras, Os Cabreiros, As Cales, Canadelo, Os Eidos, A Escusa, As Filgueiras, A Granxa, A Ladeira, Parada, O Penedo, O Pomariño, O Pombal, Porto de Eiras, A Quinta, O Saramagal, O Toxal e Vilar.

Enlaces