Entidades locales menores

Camposancos

A Entidade local menor de Camposancos é a máis antiga de Galicia. A finais do século XIX xa había unha Xunta Administrativa que xestionaba os bens do couto de Camposancos, de acordo co previsto nas leis municipais de 1870 e 1877. Durante o Antigo Réxime era un couto dependente do Bispado de Tui, que arrendaba os seus bens ós veciños da parroquia. En 1870 este foro foi abolido.

A parroquia de Santa Isabel de Camposancos créase en 1798  despois de separarse da parroquia de San Lourenzo de Salcidos. Constitúese como concello propio ata que en 1836, coa creación definitiva dos concellos constitucionais, será incluída no concello da Guarda.

Ten unha superficie de 412 hectáreas e 845 habitantes. O territorio comprende unha parte do monte de Santa Trega e praias de recoñecido prestixio. Consta dos seguintes lugares: A Armona, Bouza da Fonte, O Couto, A Granxa, O Muíño, O Outeiro, Palomar, Sa e Salgueiró.

É recoñecida como Entidade local menor en abril de 1925 e queda constituída definitivamente o 23 de maio de 1925. O primeiro alcalde pedáneo foi Domingo Domínguez.

Enlaces