Campamentos polideportivos

Resultado do sorteo

O pagamento das prazas concedidas realizarase mediante un recibo individualizado para cada menor, que se pagará a través da entidade bancaria colaboradora.

Nas 48 horas seguintes á realización do sorteo estarán dispoñibles para a súa descarga nesta web os recibos de pagamento. Os pais, nais ou persoas titoras recibirán un SMS coas claves para poder acceder a eles. No caso de que dous ou máis irmáns ou irmás obtivesen a praza disporán de recibos individuais para o pagamento das prazas de cada menor.

Cando estean dispoñibles os recibos deberá introducir o ID e a CLAVE que recibirá no SMS e descargar o recibo de pagamento correspondente. Neste recibo que descargue figurará o prazo  do que dispón para efectuar o pagamento.

O pagamento poderase realizar na entidade Abanca:

  • En calquera das súas oficinas; deberá presentar o recibo impreso (as dúas follas)
  • A través da banca electrónica
  • En caixeiros habilitados; deberá presentar o recibo impreso (as dúas follas)
  • Se non é cliente da entidade poderá pagar con tarxeta a través da súa páxina web (http://www.abanca.com/es/pago-de-recibos) introducindo os datos identificativos que figuran na cabeceira do recibo (non se trata dunha autoliquidación). Garde o xustificante da operación, xa que lle pode servir como xustificante do pagamento

Avisos

  • En caso de non facer efectivo o pagamento no prazo establecido no recibo perderá o dereito á praza obtida, que pasará a ser ocupada por unha persoa suplente
  • O día de entrada ao campamento deberá entregar a tarxeta sanitaria
  • Co fin de evitar extravíos e confusións todas as pezas de roupa das nenas e nenos deberán ir identificadas co número de roupa que se indica na lista
  • Equipamento mínimo que a ou o menor deberá levar ao campamento (pdf)

Para calquera aclaración póñase en contacto co punto de información da Deputación de Pontevedra no teléfono 986 804 100.

Máis información

Quendas

Última modificación: 21/07/2017 13:00