Entidades locales menores

Bembrive

Esta entidade comprende a parroquia de Santiago de Bembrive, que durante o Antigo Réxime integraba a xurisdición de Bouzas, baixo o señorío do Bispado de Tui. Posteriormente, no ano 1836, coa creación definitiva dos concellos constitucionais, será incluída no concello de Lavadores con outras sete parroquias, ata que no ano 1936 este concello quedou adscrito definitivamente ó de Vigo.

Ten unha superficie de 935 hectáreas e 4.766 habitantes. Consta dos seguintes lugares: Baruxáns, O Cacheno, O Carballal, As Chans, O Cruceiro, A Cruz, Eifonso, Esparramáns, Espedrás, Ferreiras, Os Freires, O Lameiro, Mandín, Miraflores, Monte da Pedrosa, O Monte do Calvario, Mosteiro, Mourelle, A Mouteira, Novelos, O Outeiro, Paio, A Parrocha, A Parrovella, A Pedra, O Polvorín, O Pouso, As Raposas, Recaré, As Regadas, Regueiras, Os Ríos, San Cibrán, Segade, O Toutizo, Xeme, A Xesteira e Xestoso.

Constitúese como Entidade local menor o 12 de xuño de 1945 e ten sede institucional no lugar de Mosteiro. Unha das súas funcións máis importantes é xestionar os montes, que ocupan 355 hectáreas.

Enlaces