Imaxe representativa do tema Benestar

Axudas de emerxencia 2017

As axudas de emerxencia básicas da Deputación de Pontevedra xorden co obxectivo de lles proporcionar aos concellos de menos de 20.000 habitantes apoio económico, de maneira excepcional e extraordinaria, para poderen atender as demandas de urxente e puntual necesidade das veciñas e veciños do concello que se atopen en situación ou risco de exclusión social.

Poderán ser beneficiarias as persoas maiores de idade empadroadas en calquera dos municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra, que xestionen a súa demanda a través dos servizos sociais comunitarios municipais do seu concello e que carezan de ingresos suficientes para facer fronte aos gastos polos que se solicita a axuda.

Darase prioridade a cubrir as necesidades de familias con menores ao seu cargo que se atopen en situación de exclusión social ou en risco de estalo.

O prazo de presentación de solicitudes é do 10 de xullo ó 1 de agosto inclusive

Xustificación

O prazo de presentación da documentación xustificativa rematará o 28 de febreiro de 2018