Entidades locales menores

Arcos da Condesa

Esta entidade comprende a parroquia de Santa Mariña de Arcos da Condesa, que pertence ó concello de Caldas de Reis. Consta dos seguintes lugares: O Ameal, A Arosa, Badoucos, Ceboleira, Foxacos Marán, Penalta, San Martiño e Valsordo. Ten unha extensión de 760 hectáreas nas que residen 640 veciños.

Aínda que durante o Antigo Réxime esta parroquia fora un couto, cando se levou a cabo a configuración definitiva dos concellos constitucionais non chegou a ter a consideración de concello.

Recoñécese como Entidade local menor no Decreto de 18 de xaneiro de 1946, a proposta do Ministerio da Gobernación, despois dun proceso iniciado dous anos antes. A primeira Xunta Municipal constitúese o 23 de agosto de 1946 baixo a presidencia de Julio Ocampo Coto.

Enlaces