Aprendendo a xogar

Aprendendo a xogar

Programa do Coruxo C.F., do 26 ao 30 de xuño, para coñecer e iniciarse en 30 modalidades deportivas e outras actividades: fútbol, balonmán, baloncesto, ciclismo, bádminton, fútbol praia, boxeo, surf, rugby, béisbol, voleibol de praia, judo, balonmán praia, fútbol sala, petanca, hóckey sobre herba, pas de praia, dardos, wushu, voleibol, saltos, chave, preparación física de base, tenis, marcha, xogos populares, baile moderno, primeiros auxilios, igualdade de xénero, obradoiro de reciclaxe etc.

As actividades foron gratuítas e impartidas por adestradoras, adestradores, monitoras e monitores de todas as modalidades deportivas e contarán coa colaboración de deportistas de elite: Alejandro Gómez, Alejandra Teixeira, Iván Pozo, Nuria Gómez, Ramiro Amarelle, Paula Hernández, Javier Maté, Yago Yao, Marcos Serrano, Laura Alonso etc.

Vídeos

Aprendendo a xogar