Gala Ano Castelao

Gala Ano Castelao

A Gala Ano Castelao reúne teatro, música e humor gráfico nun espectáculo multidisplinar para adultos, que terá lugar o domingo 18 de decembro de 2016 ás 18 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Estará presentada pola actriz Bea Campos e contará coa presenza do humorista Carlos Blanco e o debuxante Luis Davila, cun espectáculo adaptado de humor gráfico, con Xurxo Souto, Lydia Botana e 2naFronteira na parte musical, e con pezas teatrais que correrán a cargo de Celso Parada e de Limiar Teatro.

A entrada é gratuíta pero é necesario retirar ou reservar os convites con antelación.

Retirada de convites:

  • Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. Horarios: de martes a sábado de 10 a 21h; domingos e festivos de 11 a 14h; luns pechado.
  • Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo. Rúa Oporto, 3. Horarios: de luns a venres de 9 a 14h.

Reserva de convites:

Cada persoa pode retirar ou reservar un máximo de 2 convites.

Todos os convites tanto físicos como online debe ser cambiados por una entrada na billeteira do Pazo da Cultura ata media hora antes do inicio do espectáculo.

Os convites que non sexan cambiados na billeteira no tempo establecido, serán postos a disposición do público.

A billeteira do Pazo da Cultura estará aberta a partires das 16:30 horas o día 18 de decembro.

Durante a duración da Gala Ano Castelao habilitarase un espazo infantil para rapaces e rapazas maiores de 5 anos, cun máximo de 50 prazas. Este espazo infantil estará atendido por Polo Correo do Vento.

Para solicitar praza no espazo infantil é necesario reservar a través do seguinte enderezo electrónico: polocorreodovento@hotmail.com

Gala Ano Castelao