Cooperación transfronteiriza

AECT Río Miño

A nova AECT Río Miño será unha entidade con personalidade xurídica que permitirá optar a fondos europeos e xestionalos, así como promover e organizar accións de cooperación no territorio de forma directa.

Os dous socios principais da AECT serán a Deputación de Pontevedra e a CIM Alto Minho, que reúnen 16 concellos pontevedreses (A Guarda, O Rosal, Oia, Tomiño, Tui, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miñoo, Ponteareas, As Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario, Arbo, Crecente, A Cañiza e Covelo) e outros dez do norte de Portugal. En total abranguen 3.312 quilómetros cadrados de territorio e 375.995 habitantes. 

En canto ao organigrama, a nova AECT estará formada por unha asemblea e un órgano executivo. A dirección será un organismo unipersoal rotatorio que ocuparán representantes de Pontevedra e Portugal cada dous anos, ao igual que acontecerá coa vicedirección. Tamén haberá un consello coordinador, formado por membros das dúas partes, que será o encargado do asesoramento á dirección e da xestión do día a día. Finalmente, haberá un consello consultivo aberto no que se organizarán foros específicos nos que poderán participar persoas expertas en diferentes materias segundo as necesidades. 

Descargas