Acto de clausura do programa DepoEmprende na Escola

Acto de clausura do programa DepoEmprende na Escola

O Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento local clausurou, a finais de maio, o proxecto DepoEmprende na Escola. O evento tivo lugar na explanada de Montero Ríos, en Pontevedra, e contou coa participación de nove colexios da provincia.

DepoEmprende na Escola, programa dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e Educación Especial, permitiu que durante o curso escolar as e os estudantes creasen e xestionasen unha cooperativa na que fabricaron distintos produtos para a súa posterior venda mediante un traballo no que a aprendizaxe foi activa, cooperativa e significativa.

Tras a constitución de 11 cooperativas, o acto de clausura do proxecto reuniu en Pontevedra un total de 351 alumnos e 32 docentes. Nunha carpa instalada na mencionada explanada favorecéronse actividades de mercado e coworking.

Entre as accións de clausura do programa destacou a exposición e venda dos produtos elaborados polas cooperativas ao longo do ano escolar. Xunto a esta actividade proxectouse un vídeo con imaxes das actividades e eventos realizados no desenvolvemento deste proxecto e impulsouse unha actividade de coworking entre o alumnado. Unha vez finalizado o acto, entregáronse os diplomas de participación nesta convocatoria de DepoEmprende na Escola 2016-2017.

Vídeos

Clausura de Depoemprende na escola 2017

   


Vídeos

Depoemprende na escola 2016-2017

   


Galería Clausura DepoEmprende Na Escola - 30-05-2017