Noticias
Tui

Mañá ás 16h comeza a primeira fase da peonalización do conxunto histórico de Tui


01 xuño 2017

Mañá venres, 2 de xuño, porase en marcha a primeira fase do Plan de Peonalización do conxunto histórico de Tui. Nesta primeira fase a peonalización aplicarase durante as fins de semana, venres, sábados e domingos, e despois dun mes aproximadamente estenderase a todos os días da semana.

Deste xeito dende este venres ás 16h e ata o luns ás 8h a zona de intramuros será peonil, coa salvidade de que os veciños con distintivo R poderán aparcar de 22h a 10h.  A medida aplicarase cada venres, sábado e domingo, ata a entrada en vigor do plan todos os días da semana.

Ao mesmo tempo comezan a funcionar as Zonas Verdes de estacionamento para os veciños de intramuros con distintitivo R, e das propias Zonas Verdes con distintivo RE. Están situadas nas rúas Bispo Lago, Ordóñez e Martínez Padín dende o cruzamento co Arrabal, e no Paseo Fluvial, e nas mesmas só poderán aparcar os posuidores dos distintivos R e RE.

Na zona de intramuros establécese un horario de carga e descarga de 8 a 10h, para o que é preciso contar coa pertinente autorización.

A concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez, solicita a colaboración cidadá para a posta en marcha deste plan de peonalización que suporá un antes e un despois no conxunto histórico de Tui.


Outras novas

Rutas etnoarqueolóxicas do Ano do Patrimonio

23 agosto 2017, cultura, oia, ano do patrimonio, etnoexperiencias
premios provinciais xuventude

23 agosto 2017, pontevedra, deputación de pontevedra, premios provinciais á xuventude, premios xuventude, último trimestre
DELE

22 agosto 2017, xuventude, cohesión social, cursos, deputación de pontevedra, dele, cursos español, cursos intensivos de español
En ruta coa depo

22 agosto 2017, andainas, caminata, excursiones, excursións