Noticias
Praia de Areeiros

Acondicionadas as praias de Areeiros en Guillarei e O Penedo en Caldelas para época estival

Tamén se preparou o Pozo Baqueiro en Rebordáns


23 xuño 2017

As praias de Areeiros en Guillarei e do Penedo en Caldelas están xa perfectamente acondicionadas para a temporada de baño 2017. Ao longo das últimas semanas o Concello de Tui procedeu ao limpado destes espazos, e acondicionou os accesos.  Estes labores concluíron na xornada de hoxe coa colocación de aseos públicos, por segundo ano consecutivo na praia do Penedo, e coma cada verán na praia de Areeiros onde tamén foi instalado o quiosco da temporada estival.  Amais reparouse a pasarela de madeira que da acceso ao pantalán substituíndo os troncos e viguetas que estaban deteriorados.  Lembran dende o concello a prohibición de acceder con animais á praia e de tirar cabichas.

A auga destas dúas praias reúne a cualificación de excelente segundo os datos das análises que periodicamente realiza a consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Por outra parte o concello de Tui ten realizado tamén outras actuacións noutras zonas de baño fluviais no municipio coma é o caso do Pozo Baqueiro na parroquia de Rebordáns. Neste caso, neste espazo moi frecuentado tamén nos meses de verán, realizouse unha pequena actuación na comporta da pequena presa existente mellorando este dispositivo.

Lembramos por outra parte que dende hai unha semana está abertas as piscinas municipais. Previa a súa apertura na sala de depuración  substituíuse a escaleira de ferro existente por outra de aceiro inoxidable adaptada á normativa en vigor, e abriuse unha nova porta e ventás co que se conseguiu tamén mellorar a ventilación deste espazo. Xa no exterior foron colocados bicicleteiros e papeleiras de recollida selectiva. As piscinas municipais abren de luns a venres de 13 a 20h e os sábados, domingos e festivos de 12 a 20h. A entrada para adultos é de 2€, e a infantil de 1,5€.


Outras novas

Rutas etnoarqueolóxicas do Ano do Patrimonio

23 agosto 2017, cultura, oia, ano do patrimonio, etnoexperiencias
premios provinciais xuventude

23 agosto 2017, pontevedra, deputación de pontevedra, premios provinciais á xuventude, premios xuventude, último trimestre
DELE

22 agosto 2017, xuventude, cohesión social, cursos, deputación de pontevedra, dele, cursos español, cursos intensivos de español
En ruta coa depo

22 agosto 2017, andainas, caminata, excursiones, excursións