Noticias
Obras no campo de fútbol

O campo de fútbol de Outeiriño reabre as súas portas este sábado logo da reforma

O Concello de Silleda renovou todo o céspede do terreo de xogo, cunha inversión de 200.000 euros a través do Plan Concellos da Deputación


02 agosto 2017

Este sábado día 5 terá lugar o acto de reapertura do campo de fútbol de Outeiriño, en Silleda, logo das melloras realizadas no último mes nestas dependencias deportivas. O acto comezará ás 19:00 horas e contará coa celebración de encontros entre as distintas categorías dos equipos de fútbol do municipio e a Escola de Fútbol de Silleda. Tamén actuará a Banda de Música Municipal de Silleda.

A reapertura estará presidida polo alcalde, Manuel Cuiña, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

Os traballos realizados, cunha inversión de 214.000 euros, consistiron na renovación de todo o terreo de xogo, que loce agora co céspede artifical de última xeneración, o máis novidoso no mercado. A inversión contemplouse no orzamento municipal deste ano, a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

"Esta era unha das obras máis agardadas no ámbito das infraestruturas deportivas no noso municipio tendo en conta que o campo acusaba un grave deterioro", explica o alcalde, Manuel Cuiña.

Ademais da renovación da herba artificial tamén se procedeu a reforzar un dos muros do campo e a pintar todo o peche perimetral.

Con esta actuación mellorase considerablemente este recinto deportivo, moi utilizado ao longo do ano por un gran número de usuarios.

Convite aos veciños e veciñas

Dende o Concello de Silleda o alcalde, Manuel Cuiña, convida aos veciños a asistir a este evento de reapertura do Outeriño "que xa na vindeira tempada estreará un terreo de xogo de última xeneración", engade o rexedor.


Outras novas

DELE

22 agosto 2017, xuventude, cohesión social, cursos, deputación de pontevedra, dele, cursos español, cursos intensivos de español
En ruta coa depo

22 agosto 2017, andainas, caminata, excursiones, excursións
Administración electrónica

21 agosto 2017, administración electrónica, implantación
conectadas 2017

20 agosto 2017, pontevedra, mondariz, a estrada, igualdade, vigo, conectadas, conectadas 2017, muller cultura, muller emprende