Noticias
Ribadumia

Pleno extraordinario en Ribadumia


29 maio 2017
Ribadumia

O Concello de Ribadumia informa que hoxe as 21:00 horas terá lugar un pleno extraordinario  no que un dos puntos que se vai a tratar será a aprobación do prego de cláusulas administrativas e técnicas para a adxudicación do servizo de axuda no fogar.

O contrato terá unha duración de 4 anos, prorrogable por 2 anos máis, e o orzamento estimado para este contrato de 4 anos é de 619.686,00 € + iva.  O prezo máximo establecido por hora de prestación de servizo será de 12 € + iva para os días laborables, e de 13,50 € + iva, días festivos e fins de semana.

Con respecto as condicións de adxudicación a proposta actual presenta importantes cambios con respecto a empregada na útlima contratación.

Deste xeito, a hora de puntuar perde peso a parte económica e gaña valor a calidade do servizo ofertado e os servizos complementarios.

Tamén se inclue nesta proposta como criterios de evaluación a calidade dos contratos, estabilidade laboral, etc da empresa adxudicataria.

Actualmente o servizo de axuda no fogar atende a un total de 34 persoas, 28 das cales teñen algún grado de dependencia recoñecido, e as outras 6 reciben servizo por libre concurrencia.

Prevese que debido o envellecemento da poboación o número de usuarios deste servizo se incrementará nos próximos anos.

Ademáis deste, forman parte da orde do día temas como:

  • Concesión de axudas a entidades e clubs culturais, deportivos e de acción social.
  • Convenio con Agility Salnés para cesión de uso de instalacións.
  • Creación de mesa de seguemento  da revisión da Relación de Postos de Traballo

Outras novas