Noticias

O Concello de Ribadumia regulariza o cemiterio da parroquia de Leiro

O Concello de Ribadumia informa que está a piques de rematar o proceso para a regularización do cementerio de Leiro despois de máis de 5 anos de xestións entre o Arzobispado, o Concello e as correspondentes Consellerías.


31 xullo 2017
Ribadumia

Deste xeito, o primeiro paso dado para a legalización do cementerio data de principios de 2012, canda a Asociación veciña A Oliveira inicia ditos tramites no Concello solicitando tamén a ampliación das instalacións.

Algo que foi tramitado polo organismo municipal ante a Xunta, pero que non contaba coa aprobación de Medio Ambiente, Sanidade e Patrimonio, xa que estes solicitaron información que nunca se lles presentou ou directamente denegaron a solicitude.

Xa no 2013, a Consellería de Medio Ambiente vendo a pasividade municipal ante as peticións de documentación e información, devolveron o expediente completo o Concello, co que as xestións sufrían unha paralización ata o mes de xullo do mesmo ano, cando se lle traslada a documentación novamente a consellería sen responder as dúbidas da mesma, algo que realentiza e impide a resolución de solicitude de legalización e ampliación naquel intre.

Así foi como se encontrou o novo equipo de Goberno o expediente, paralizado e cunha obra executada sen licenza, sen informe de avaliación ambiental e sen adaptarse a normativa vixente nen o proxecto presentado.

No ano 2016, o presidente da asociación de veciños diríxese o novo equipo de Goberno para retomar e axilizar esta tramitación, para o cal, analizada a situación, o concello asume e sufraga un novo proxecto do cementerio, que recolla a situación actual e así poder tramitar a súa regularización segundo os requisitos legais.

Despois de todo este procedemento, e de axilizar en todo o posible a tramitación, o pasado 14 de xuño, a Xunta de Goberno Local, acordou a regularización do ceminterio Parroquial de Leiro.


Outras novas