Noticias
Vandalismo en Ribadumia

O Concello de Ribadumia chama a concienciación dos cidadáns ante o vandalismo

O Concello de Ribadumia informa que nas últimas semanas tivo que persoarse no cuartel da Garda Civil para poñer dúas denuncias por danos en diferentes bens municipais causados por conductas incorrectas.


02 agosto 2017
Ribadumia

Deste xeito, o último ben en sufrir danos por actos vandálicos foi a valaustrada na entrada do paseo fluvial en Cabanelas, dirección Pontearnelas, a cal apareceu totalmene tirada no chan, despois de ser arrancada dos seus anclaxes na pedra en diferentes puntos.

E importante concienciar sobre a importancia que ten o mantemento de todos os bens públicos, pero non só aquel que é preciso para o seu correcto funcionamento e que se debe levar a cabo dende a administración, senon que é igual de importante o mantemento no uso e coidado destes bens por parte da cidadanía.

Por tal motivo, ínstase así o civismo dos cidadáns e a concienciación no coidado dos bens públicos.


Outras novas