Noticias
Noites de verán

Arrancan as noites de verán no Concello de Ribadumia

Música, maxia, teatro e cine amenizarán as noites dos venres.


26 xuño 2017
Ribadumia

Este verán chega festivo, e que mellor que aproveitar as cálidas temperaturas da época estival gozando de entretemento ó aire libre.

Para isto chegan as noites de verán a Ribadumia, que acollerán música, maxia, teatro e cine os venres a noite na Praza do Concello. A hora prevista para todas as actuacións serán as 22 horas.

Estas citas darán comezo xa este venres día 30 de xuño, coa presentación do libro "Floreano" do autor Gogue, que traerá a Ribadumia presentación da súa obra enmarcada dentro do humor gráfico.

Xa en xullo, os venres 7,14,21 e 28 acollerán por orden a seguinte programación, teatro infantil "os limpa limpa", cine de verán coa obra "Ballerina", "maxia a nivel do chan" con Martín Camiña e a obra cinematográfica "La Bella y la Bestia".

Na parte musical que chegará os venres de agosto colaborará coa programación a Agrupación Musico Cultural de Ribadumia. Traerán actuacións orixinais e diferentes como "música e cine" ou "dende o jazz ata o pop".

En canto os xoves animados, terán lugar durante o mes de agosto, completando así a oferta lúdica para os máis cativos.

Animádevos a gozar do entretemento das noites de verán!!


Outras novas