Noticias
Ancianos

Aberto o prazo das reservas para a "XXIV Xuntanza dos nosos maiores" en Ribadumia

Os interesados xa se poden inscribir nas oficinas municipais ata o 17 de agosto.


20 xullo 2017

O Concello de Ribadumia convida a todas as persoas maiores de 60 anos á XXIV Xuntanza dos nosos maiores que se organiza na Carballeira de Ribadumia . A xuntanza de confraternidade será o vindeiro domingo 20 de agosto e o período de inscrición está aberto ata o día 17 de agosto. O obxectivo desta xornada é promover actividades de confraternidade e de convivencia entre os veciños e visitantes máis maiores.

A programación, como xa é tradicional, inclúe unha misa solemne ás 13:15 horas, a comida de confraternidade ás 14:15 horas co menú típico e gran queimada popular, as 16:15 xogos de animación e para finalizar a xornada unha gran velada de baile a cargo do dúo Chocolate.

O prezo da comida é de 10 € para os empadroados en Ribadumia e 20€ para os non empadroados. Os interesados xa poden reservar mesa nas oficinas municipais ata o 17 de agosto.

O Concello de Ribadumia xa está traballando na organización e aníma a todos os maiores a participar nesta xornada para poder disfrutar dun día en xuntanza con veciños e amigos.


Outras novas

DELE

22 agosto 2017, xuventude, cohesión social, cursos, deputación de pontevedra, dele, cursos español, cursos intensivos de español
En ruta coa depo

22 agosto 2017, andainas, caminata, excursiones, excursións
Administración electrónica

21 agosto 2017, administración electrónica, implantación
conectadas 2017

20 agosto 2017, pontevedra, mondariz, a estrada, igualdade, vigo, conectadas, conectadas 2017, muller cultura, muller emprende