Noticias
Rianxo

Os veciños de Ponte Caldelas viaxaron ao Barbanza

Visitaron Rianxo, A Pobra do Caramiñal, o castro de Baroña e as dunas de Corrubedo


13 xuño 2017

Os veciños de Ponte Caldelas gozaron dos atractivos paisaxísticos da bisbarra do Barbanza cunha excursión que tivo como epicentro as localidades de Rianxo e A Pobra do Caramiñal, pero que permitiu tamén achegarse a fitos patrimoniais e paisaxísticos tan representativos como o castro de Baroña ou as dunas de Corrubedo.

A excursión, incluída no programa "Caldelas Viaxa", congregou a 160 persoas, que tiveron a ocasión de gozar dun día magnífico. A saída foi ás 8 da mañá con chegada a Rianxo ás 10. Despois dun paseo pola localidade visitaron a igrexa de Santa Columba e a capela de Guadalupe. Despois do paso polo castro de Baroña, partiron para a comida en Corrubedo. Unha vez recuperadas as forzas, visitaron as dunas e o faro. A continuación houbo parada no monte da Curota e visita final, nunha intensa xornada, á Pobra do Caramiñal.

O alcalde, Andrés Díaz, acompañou aos veciños nesta nova actividade programada polo Goberno local tripartito (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) para a dinamización social do concello.

O Concello estreou este ano un novo sistema para xestionar estas saídas que está a dar moi bos resultados. Os participantes  fixeron a reserva e logo ingresaron o importe da comida, que foi de 12 euros, toda vez que o Concello asume todos os gastos de desprazamento e organización.

O próximo desprazamento xa está programado para o próximo día 25 de xullo e será á praia das Catedrais. O prazo para facer a reserva estará aberto entre os días 3 e 19 dese mes de xullo.


Outras novas

Rutas etnoarqueolóxicas do Ano do Patrimonio

23 agosto 2017, cultura, oia, ano do patrimonio, etnoexperiencias
premios provinciais xuventude

23 agosto 2017, pontevedra, deputación de pontevedra, premios provinciais á xuventude, premios xuventude, último trimestre
DELE

22 agosto 2017, xuventude, cohesión social, cursos, deputación de pontevedra, dele, cursos español, cursos intensivos de español
En ruta coa depo

22 agosto 2017, andainas, caminata, excursiones, excursións