Noticias
O alumnado do Manuel Cordo Boullosa

O Concello de Ponte Caldelas e o Centro de Saúde colaboran para levar a educación para a saúde e afectivo-sexual aos colexios

O alumnado do Manuel Cordo Boullosa, primeira parada do programa


14 xuño 2017

O Concello de Ponte Caldelas, a través da área de Servizos Sociais comunitarios, está a desenvolver un programa de educación para a saúde e de educación afectivo-sexual en colaboración cos profesionais do Centro de Saúde. Os alumnos de 4º e 6º de Primaria do colexio Manuel Cordo Boullosa foron os primeiros destinatarios.

O  programa educativo consiste nunha charla por parte de profesionais da saúde e nun obradoiro a cargo da educadora social municipal. Por tanto, é froito da colaboración da pediatra e da enfermeira do Centro de Saúde, ademais dos equipos directivos dos centros educativos.

Durante as charlas insístese no concepto de saúde global, tratando a sexualidade e a afectividade como cuestións primordiais para unha boa saúde, un elemento tan importante como a alimentación, o exercicio, as relacións sociais, a hixiene persoal ou a cultura.

Trabállanse conceptos como a empatía, a igualdade, o respecto ás diferenzas e a aprendizaxe para expresar emocións. Un dos aspectos máis salientables é que son as profesionais dos servizos públicos as que se acercan aos centros escolares. Deste xeito se consigue que o alumnado adolescente as identifique como profesionais próximas ás que  acudir en caso de necesidade, as descontextualiza dos espazos máis formais onde desenvolven a súa profesión e axúdase a que o alumando se sinta máis cómodo e participativo.

O obxectivo final é que os rapaces e rapazas que en cuestión de meses comezan no instituto unha nova etapa vital, coñezan e lle poñan cara ás persoas profesionais más próximas e que teñan claro que forman parte de recursos públicos, gratuítos e que están ao seu servizo.


Outras novas

Rutas etnoarqueolóxicas do Ano do Patrimonio

23 agosto 2017, cultura, oia, ano do patrimonio, etnoexperiencias
premios provinciais xuventude

23 agosto 2017, pontevedra, deputación de pontevedra, premios provinciais á xuventude, premios xuventude, último trimestre
DELE

22 agosto 2017, xuventude, cohesión social, cursos, deputación de pontevedra, dele, cursos español, cursos intensivos de español
En ruta coa depo

22 agosto 2017, andainas, caminata, excursiones, excursións