Noticias
Colocación da bandeira arcoiris

O Concello de Ponte Caldelas colga a bandeira arcoíris para celebrar o Día do Orgullo LGTBI

O Goberno local rexeita calquera tipo de discriminación e subliña que as Administracións deben estar sempre do lado das persoas


28 xuño 2017

O Centro Cultural de Ponte Caldelas loce a bandeira arcoíris como símbolo de apoio na celebración, hoxe mércores día 28 de xuño, do Día Internacional do Orgullo LGTBI (Lesbianas, Gays, Transexuais, Bisexuais e Intersexuais).

Os concelleiros do Goberno local (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) asistiron esta mañá ao acto de colocación da bandeira e significaron o seu apoio a todas as persoas con independencia das súas orientacións sexuais, rexeitando deste xeito calquera tipo de discriminación. Todos e todas somos seres humanos, somos iguais á luz da lei, pero tamén debemos selo diante da sociedade.

Loce deste xeito, por primeira vez nun edificio público de Ponte Caldelas, o distintivo da tolerancia sexual. Optouse polo Centro Cultural pola súa maior visibilidade, ao estar situado na Alameda e tamén porque o balcón da Casa Consistorial conta coas bandeiras oficiais, o que diluiría o simbolismo que se quere outorgar a este acto.

O Día do Orgullo lembra os disturbios de Stonewall (Nova Iorque) de 1969. Proclama que ninguén debe avergoñarse nin do seu sexo, nin da súa identidade afectivo-sexual.


Outras novas

Rutas etnoarqueolóxicas do Ano do Patrimonio

23 agosto 2017, cultura, oia, ano do patrimonio, etnoexperiencias
premios provinciais xuventude

23 agosto 2017, pontevedra, deputación de pontevedra, premios provinciais á xuventude, premios xuventude, último trimestre
DELE

22 agosto 2017, xuventude, cohesión social, cursos, deputación de pontevedra, dele, cursos español, cursos intensivos de español
En ruta coa depo

22 agosto 2017, andainas, caminata, excursiones, excursións