Noticias
Visita á Calzada

A praia da Calzada acolle a visita de dous grupos de persoas con discapacidade intelectual

O Concello colabora coa asociación Special Olympics facilitando espazos de aparcamento e todos os servizos do areal


11 xullo 2017

A praia fluvial da Calzada, en Ponte Caldelas, recibe, entre onte e hoxe, a visita de máis de medio cento de persoas con discapacidade intelectual chegadas de toda Galicia no marco dunha iniciativa da entidade sen ánimo de lucro Special Olympics Galicia.

A asociación organiza actividades de lecer para este  colectivo durante a primeira quincena de xullo e escolleu esta paraxe caldelán para dúas das xornadas, contando coa colaboración do Concello de Ponte Caldelas, que ofreceu todas as facilidades para o acceso e utilización dos recursos do areal, dotado coa bandeira azul.

Onte, luns, chegou o primeiro grupo con 35 persoas con discapacidade intelectual, acompañado de 10 monitores. Desprazáronse nun autobús e tamén cunha flota de furgonetas adaptadas. Durante a tarde de hoxe agárdase outro grupo de 19 persoas e 12 monitores, no que se inclúen tamén algunhas persoas que utilizan cadeira de rodas.

O Concello proporcionou un espazo para o aparcamento do autobús e as 11 furgonetas do dispositivo de desprazamento e puxo a disposición dos visitantes o servizo de socorristas para garantir a seguridade, así como todos os servizos e instalacións complementarias da Calzada.

Special Olympics Galicia é unha organización xurdida no ano 1993, coa colaboración da Federación galega de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual (Fademga) co obxectivo de agrupar a 60 entidades e organizar actividades para 200 deportistas. O seu obxectivo xeral é a inserción das persoas con discapacidade intelectual mediante a cultura, o deporte e calquera outra  actividade.


Outras novas

DELE

22 agosto 2017, xuventude, cohesión social, cursos, deputación de pontevedra, dele, cursos español, cursos intensivos de español
En ruta coa depo

22 agosto 2017, andainas, caminata, excursiones, excursións
Administración electrónica

21 agosto 2017, administración electrónica, implantación
conectadas 2017

20 agosto 2017, pontevedra, mondariz, a estrada, igualdade, vigo, conectadas, conectadas 2017, muller cultura, muller emprende