O deputado provincial Jorge Cubela participa na Lama no primeiro encontro “Letras na Praza”

24/04/2024

O deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Jorge Cubela, asistiu hoxe ao primeiro encontro “Letras na Praza” que o Concello e o CEIP da Lama organizaron conxuntamente con motivo do Día Internacional do Libro. No encontro, no que participaron escolares de centros educativos da Lama, Fornelos de Montes e Cerdedo-Cotobade, estiveron tamén prsentes o conselleiro de Cultura, José López Campos; o delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera; o alcalde da Lama, David Carrera, e o concelleiro de Cultura, Plácido Pillado, entre outras autoridades.

O responsable provincial de Cultura remarcou o apoio da Deputación á cultura, ás letras e a iniciativas como este encontro “Letras na Praza”, que fomentan o amor pola literatura entre os máis pequenos da casa. Ademais de visitar os stands deste encontro escolar Jorge Cubela e o resto de autoridades acompañaron aos cativos durante o concerto de Cé Orquestra Pantasma.