A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez reúnese no Point Break Surf de Patos, en Nigrán, co club de surf Quenlla

25/04/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de reunirse no Point Break Surf de Patos, Nigrán, co club de surf Quenlla. Este encontro enmárcase na axenda de reunións que está a manter a tamén responsable provincial da área de Deportes coas entidades da provincia co obxectivo de establecer posibles vías de colaboración e analizar proxectos de interese conxunto que se poden impulsar na provincia.

Galerias de imaxes