A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez entrega no Porriño os premios do VIII Challenge Rías Baixas

05/05/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe no acto de entrega de premios do VIII Challenge As Rías Baixas, que discorreu polos concellos de Mos, Nigrán e O Porriño e reuniu preto de 200 ciclistas. Unha proba, que contribúe, en palabras da vicepresidenta, “a converter o sur desta provincia nun referente do turismo deportivo e nun dos mellores escaparates para Pontevedra”.

Luisa Sánchez felicitou aos gañadores e fixo entrega, entre outros, dos maillot de líder ao vencedor da categoría júnior tanto da etapa GP Concello de Mos como da final, patrocinadas pola Deputación. Ademais, aproveitou a ocasión para remarcar o compromiso da institución provincial co deporte: “Imos traballar duro para impulsar, máis aínda se cabe, o ciclismo, e apoiar esta disciplina deportiva como nunca se fixo. Téndeo claro, o deporte é unha das nosas liñas prioritarias de goberno”, asegurou.