Luis López participa na Depo_ruta BTT da serra do Candán, no concello de Forcarei

29/10/2023

btt-forcarei

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este domingo na proba de ciclismo BTT celebrada na serra do Candán, no concello de Forcarei. Unha carreira que serviu para pechar o calendario anual das “Depo_rutas BTT” da Deputación, composto por tres probas e no que participaron máis de 450 ciclistas. O mandatario provincial completou os 25 quilómetros de percorrido coa intención de promover hábitos de vida saudables a través da práctica do deporte e do contacto coa natureza.

 

 

 

 

 

Galerias de imaxes

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.