Noticias
Gondomar, percusión

Que vas facer en agosto?

A Concellería de Xuventude do Concello Gondomar presenta á mocidade para o mes de agosto un obradoiro de percusión e outro de skateboard.


29 xuño 2017

A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro,   oferta a mocidade para o mes de agosto dúas actividades de ocio alternativo, lúdico e con marcado carácter xuvenil.

Comezaremos do 1-5 de agosto  cun obradoiro de percusión dirixido a mozos e mozas entre 10 e 20 anos. A través de elementos como bidóns, cubos de pintura, botellas, latas de conserva os participantes aprenderán a facer unha batucada dando a coñecer a infinidade de elementos que poden ser empregados como instrumentos musicais. A inscrición para este obradoiro realizarase do 4-28 de xullo.

Logo, ofertaremos do 7 ao 11 de agosto un obradoiro de Skateboard pioneiro neste concello. Con este deporte urbano, queremos fomentar e axudar os apaixonados do mundo do deslice a oportunidade de iniciarse nel de forma segura e con control.

A preinscrición será do 3 ao 31 de xullo, para máis información chamar ao 986.369.746 Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).

Fotos


Outras novas

Rutas etnoarqueolóxicas do Ano do Patrimonio

23 agosto 2017, cultura, oia, ano do patrimonio, etnoexperiencias
premios provinciais xuventude

23 agosto 2017, pontevedra, deputación de pontevedra, premios provinciais á xuventude, premios xuventude, último trimestre
DELE

22 agosto 2017, xuventude, cohesión social, cursos, deputación de pontevedra, dele, cursos español, cursos intensivos de español
En ruta coa depo

22 agosto 2017, andainas, caminata, excursiones, excursións