Noticias
Neno

Comezan os traballos de mantemento dos parques infantís

O Concello de Ribadumia informa que esta semana deron comezo os traballos de mantemento e reparación nos 11 parques infantís ao longo de todo o Concello, de cara a manter nas mellores condicións os mesmos e favorecer o xogo e diversións dos nenos ribadumienses, así como a súa seguridade.


28 xullo 2017
Ribadumia

Despois de 2 anos, ao longo dos cales foi preciso realizar unha importante inversión de preto de 50000,00 €, debido ao estado de abandono no que se atopaban. O que supón que a inversión precisa agora sexa moito inferior.

Os traballos que comezaron novamente estes días, centraranse na reparación de pezas gastadas polo uso dos diferentes elementos de xogo ou ornamento, así como o arranxo de varias zonas de caucho.

Estas actuacións supoñen unha inversión de preto de 3000,00 € e teñen como obxectivo manter nas mellores condicións os parques infantiles.


Outras novas