Noticias
Exposición de los Olímpicos

A exposición "De Pontevedra a Río 2016" fai parada no Centro Cultural de Ponte Caldelas

A deputada Chelo Besada, participou na inauguración da mostra


02 agosto 2017

O Centro Cultural de Ponte Caldelas acolle dende hoxe, e ata o próximo día 10, deste mes de agosto, a exposición fotográfica "De Pontevedra a Río 2016", coa que a  Deputación de Pontevedra rende homenaxe aos deportistas olímpicos e paralímpicos da provincia que participaron na última edición dos Xogos de Río 2016.

A mostra foi inaugurada polo alcalde, Andrés Díaz, e a deputada de Deportes, Chelo Besada, ademais do concelleiro do Goberno local (PSdeG-PSOE, AVP e BNG), Lito Muñíños.

A exposición, que poderá visitarse de luns a venres dende as 9.00 ás 13.30 horas, é unha  recompilación de fotografías cos olímpicos e paralímpicos pontevedreses e xa pasou por varios concellos da provincia. As imaxes amosan aos 16 deportistas, nuns paneis individuais nos que se poden comprobar as súas traxectorias deportivas.

Chelo Besada recalcou o apoio constante da Deputación ao deporte en toda a provincia e o valor desta exposición para poñer en valor a traxectoria destes deportistas. Ademais, agradeceu ao Concello de Ponte Caldelas a súa colaboración para acollela nunhas datas tan sinaladas, ao comezo do mes de agosto.

Os 16 de "Río 2016" son Fernando Alarza Vicente, Juan Antonio Saavedra Reinaldo, Fernando Echávarri Erasun, María Bernabey Avomo, Támara Echegoyen Domínguez, Sebastián Rodríguez Veloso, Rodrigo Germade Barreiro, Martín de la Puente Riobó, María Teresa Portela Rivas, César Neira Pérez, Óscar Carrera Amandi, Gustavo Nieves Campello, Frank Casañas Hernández, Agustín Alejos Alonso, Jean Marie Okutu Kouletio e Susana Rodríguez Gacio.


Outras novas

Rutas etnoarqueolóxicas do Ano do Patrimonio

23 agosto 2017, cultura, oia, ano do patrimonio, etnoexperiencias
premios provinciais xuventude

23 agosto 2017, pontevedra, deputación de pontevedra, premios provinciais á xuventude, premios xuventude, último trimestre
DELE

22 agosto 2017, xuventude, cohesión social, cursos, deputación de pontevedra, dele, cursos español, cursos intensivos de español
En ruta coa depo

22 agosto 2017, andainas, caminata, excursiones, excursións