Servizo de Servizos Lingüísticos da Deputación de Pontevedra

Servizos Lingüísticos

Servizo especializado no que, de maneira transversal, se vela pola corrección das comunicacións escritas e pola unidade de criterios nos usos lingüísticos da Deputación. Entre as súas funcións principais están:

  • Atender e resolver as consultas lingüísticas do persoal.
  • Xestionar e supervisar as tarefas de revisión, corrección e asesoramento lingüístico das producións editoriais –proceso da edición do libro- así como os textos e documentos dos servizos, as normas articuladas, o material gráfico e os textos da web.
  • Xestionar as traducións a outras linguas –español, inglés e francés- e doutras linguas ó galego ou español.
  • Elaborar e difundir criterios lingüísticos e modelos de documentos.
  • Promover accións formativas en lingua galega e difundir ferramentas e recursos elaborados por outros organismos que traballan para fomentala, coma a Escola de Administración Pública, a Real Academia ou o Instituto da Lingua.
  • Elaborar e ordenar o plan de usos lingüísticos.
  

Desde este servizo traballamos áreas para conseguir, por unha parte, a corrección lingüística na documentación administrativa, nos libros da editorial provincial e demais comunicacións específicas.

Contacto

Edificio Administrativo
Avenida de Montero Ríos, s/n
36071  Pontevedra
Tel. +34 986 804 100
Fax +34 986 844 363
E-mail:  gabinetelinguistico@depo.es