Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio da Deputación de Pontevedra

Contratación, Facenda e Patrimonio

Desde o Servizo de Contratación da Deputación de Pontevedra concértanse, tramítanse e xestiónanse todos os contratos que subscribe a institución provincial con entidades públicas e privadas, necesarios tanto para a súa xestión interna coma para a prestación dunha asistencia xurídica e técnica ós municipios da provincia de Pontevedra, especialmente ós de menor capacidade económica. Por outra banda, desde este servizo tamén se leva a cabo a contratación relacionada cos proxectos integrais que teñen como obxectivo fomentar o desenvolvemento económico e social da provincia.

Actualmente atopámonos ante o comezo dunha nova etapa na xestión administrativa, orientada a lograr a plena inserción dos medios electrónicos, informáticos e telemáticos no ámbito da contratación pública, co fin de facer máis fluídas e transparentes as relacións entre os órganos de contratación e os operadores económicos.

A Deputación, co proxecto eDepo, ten a clara determinación de afrontar ese reto, coa transición a un sistema de contratación plenamente electrónico nos próximos anos.

 

Contacto

Todos os cidadáns, licitadores e provedores poderán achegarlle ó Servizo de Contratación e Patrimonio as súas consultas e suxestións sobre a prestación dos servizos, a través dos seguintes medios:

Servizo de Contratación e Patrimonio
Pazo provincial
Avenida de Montero Ríos, s/n
36071  Pontevedra
Tel. +34 986 804 100
Fax +34 986 804 126
E-mail:  contratacion@depo.es

Se desexan ser atendidos persoalmente polos servizos técnicos, e co fin de prestar unha atención eficaz e evitar esperas innecesarias, deben solicitar cita previa a través do correo electrónico contratacion@depo.es, indicando no asunto "solicitude de cita" e unha breve explicación da consulta que se vai realizar. Unha vez que os servizos técnicos reciban e analicen a solicitude enviarase unha resposta por ese mesmo medio cunha indicación da data e a hora da cita.