Servizo de Asesoría Xurídica da Deputación de Pontevedra

Servizo de Asesoria Xurídica

O Servizo de Asesoría Xurídica ten atribuídas as funcións descritas no artigo 551.3 da Lei orgánica do poder xudicial, é dicir, a defensa e postulación en procesos nos que sexa parte a Deputación, nas vía contenciosa, civil e/ou penal, así como a dos seus membros, sempre que neste último caso deriven dunha actuación no exercicio do cargo, sen prexuízo, de ser o caso, da designación dun avogado para algún asunto en concreto no eido social.

Así mesmo, en cumprimento do disposto no V Acordo Regulador e no I Convenio Colectivo, correspóndelle a defensa do persoal por feitos acaecidos no desempeño da súa función pública ou por razón do cargo.

Entre as súas funcións atópase a instrución e tramitación dos procedementos en vía administrativa en materias de responsabilidade patrimonial e reclamacións previas á vía civil, así como en calquera controversia coa Deputación que supoña queixa ou reclamación.

Ten encomendada tamén a defensa da Deputación en expedientes sancionadores incoados por outras administracións públicas, así como a tramitación das queixas presentadas ante o Valedor do Pobo e o Defensor del Pueblo.

Presta asesoramento puntual de materias técnico-xurídicas a instancia dos diversos centros e servizos.

Corre coa postulación e defensa en xuízo dos concellos cando lla solicitan.

Colabora coa Universidade de Santiago de Compostela na formación dos alumnos da Facultade de Dereito no practicum externo que esta organiza.

Contacto

Pazo provincial
Avenida de Montero Ríos, s/n
36071  Pontevedra
Tel. +34 986 804 100
Fax +34 986 804 124
E-mail: asesoriaxuridica@depo.es