Servizo de Arquitectura da Deputación de Pontevedra

Servizo de Arquitectura

O Servizo de Arquitectura encárgase de conservar os edificios provinciais, realizar os seus proxectos e dirixir as obras que lles afecten. Así mesmo, elabora os informes urbanísticos de acordo coa lexislación específica aplicable á Deputación e os que requiren desde os municipios da provincia a través da súa colaboración con eles.

O obxectivo último é mellorar e adecuar as instalacións e os edificios que son parte do patrimonio provincial.

Contacto

Pazo Provincial
Avenida de Montero Ríos, s/n
36071  Pontevedra
Tel. +34 986 804 100
Fax +34 986 804 162
E-mail: arquitectura@depo.es