Polígono Outeda Curro

Instituto para a Promoción e Equipamento do Solo Industrial da Provincia de Pontevedra (IPESPO)

Realiza as análises económicas e xurídicas preliminares, a programación e o orzamento, así como os estudos e traballos de promoción urbanística das áreas afectadas. Tamén se responsabiliza de tramitar os traballos técnicos e xurídicos e de redactar e elaborar os instrumentos de planeamento e execución urbanística necesarios.

O IPESPO leva a cabo o seguimento das condicións de adxudicación e de simultaneidade das obras de urbanización e edificación, a xestión da recepción municipal das obras de urbanización así como o seguimento legal, fiscal e económico da súa propia actividade e de todas as actividades relativas á preparación de concursos para executar as obras de urbanización e adxudicar as parcelas urbanizadas.