Día de Europa

Conmemoración do Día de Europa 2016

Cada 9 de maio en todos os países da Unión Europea celébrase o Día de Europa, unha data conmemorativa da Declaración Schuman de 1950. Nese día, Robert Schuman, o Ministro de Asuntos Exteriores francés, fíxolle unha proposición a Francia, Alemania e outros países europeos para unírense nunha nova organización europea que se materializou, un ano despois, na Comunidade Europea do Carbón e o Aceiro, institución que sentou as bases da actual Unión Europea. Foi no cumio de Milán de 1985 cando os líderes europeos decidiron celebrar esta data como o Día de Europa.

Con motivo desta conmemoración, a Deputación de Pontevedra realiza a xornada A Europa que Queremos.

Data: luns 9 de maio
Hora: 10.30 h
Lugar: salón de plenos do Pazo provincial

Formulario de inscrición nas xornadas

De 10:30 a 10:45 h

Lectura dunha declaración institucional conmemorativa do Día de Europa por parte da presidenta da Deputación de Pontevedra

De 10:45 a 11:30 h - Conferencia: "Cara a onde camiña a Unión Europea?"

Relator: Celso Cancela Outeda, profesor doutor da área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo, titular da cátedra Jean Monnet "Understanding the UE in the 21st century"

De 11:30 a 12:15 h - Debate: "Como ves a Unión Europea: visións diversas"

Participantes: alumnado da Universidade de Vigo de diferentes nacionalidades (española, italiana, brasileira, romanesa e francesa). Moderador: Celso Cancela Outeda, profesor doutor da área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo, titular da cátedra Jean Monnet "Understanding the UE in the 21st century"

De 12:15 a 13:00 h - Coloquio: "Divulgación dos vínculos existentes entre a Deputación de Pontevedra e Europa"

Intercambio entre profesorado e alumnado participante no programa Erasmus+ e das persoas emprendedoras instaladas no viveiro de empresas de Barro-Meis (financiado nun 80% con fondos FEDER)

Ás 13:00 h

Clausura da xornada

Descargas