2024
Plan extraordinario de infraestruturas deportivas
Para concellos de ata 50.000 habitantes
O “Plan extraordinario de infraestruturas deportivas” destina recursos a construír e mellorar instalacións deportivas ou adquirir novos equipamentos.
Esta convocatoria de subvencións permitiralles aos concellos interesados dispoñer de financiamento para acometer actuacións de modernización e mellora das infraestruturas deportivas xa existentes, así como novas construcións, tendo en conta, ademais, que no outono do ano 2023 as desfavorables condicións meteorolóxicas, con intensos episodios de choiva e vento, provocaron danos en bens, equipamentos, infraestruturas e instalacións de titularidade pública dos concellos da provincia de Pontevedra e afectaron tamén ás instalacións deportivas, tanto nos exteriores coma nos interiores e cubertas. A magnitude da situación, o pleno restablecemento dos servizos públicos e a recuperación da normalidade nas zonas afectadas xustifican a intervención da Administración a través da adopción de medidas extraordinarias para reparar os danos causados nos distintos espazos deportivos públicos.
Liñas de actuación
- Construción de novas instalacións e espazos públicos de uso deportivo, así como as cubertas de instalacións deportivas
- Modernización, remodelación e mellora de instalacións e outros espazos públicos de uso deportivo
- Dotación de equipamentos nas instalacións deportivas, ademais de material deportivo de carácter inventariable
- Adquisición de terreos afectados a uso deportivo