Noticias
Plan Concellos

Preto de 900.000 € para a contratación de máis de 100 persoas ao abeiro do Plan Concellos 2017

Caldas de Reis, Cambados, Mondariz-Balneario, Mos, Ponteareas e Rodeiro son os seis concellos beneficiarios destas achegas

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou que a Xunta de Goberno da institución provincial vén de aprobar a quinta concesión, nesta ocasión por un total de 887.770,40 €, no marco da liña 3 de emprego do Plan Concellos 2017. Esta cantidade será destinada aos concellos de Caldas de Reis, Cambados, Mondariz-Balneario, Mos, Ponteareas e Rodeiro.

Carmela Silva sinalou que "con estas cinco achegas, a institución provincial leva xa investidos en menos dun mes un total de 4.709.039,63 €, o que supón case o 51% do seu total". A Presidenta provincial sinalou a súa satisfacción "polo avanzada que está a concesión da liña 3 do Plan Concellos", grazas á cal "a día de hoxe xa se crearon 611 postos de emprego en 35 concellos da provincia de Pontevedra" que suporán a garantía e o mantemento dos diversos servizos municipais destas vilas.

En concreto, a Xunta de Goberno da institución provincial vén de aprobar as seguintes achegas a estes seis concellos: Caldas de Reis recibirá 156.495,17 € para a contratación de 10 persoas, Cambados un total de 207.565,98 € dirixidos a 30 traballadoras e traballadores, Mondariz-Balneario outros 54.614,88 € para dar emprego a 12 persoas, Mos recibirá 100.479,20 euros para a contratación de cinco traballadoras e traballadores, Ponteareas outros 257.614,41 euros dirixidos a 34 persoas e, por último, Rodeiro recibirá un total de 111.007,76 € destinados á contratación de 18 traballadoras e traballadores.

Este ano a achega total á liña 3 do Plan Concellos 2017 está situada en 9.270.000 €. Esta cifra supón o 22,5% da totalidade do Plan que, neste exercicio 2017, conta con 41,2 millóns de euros, o que se traduce nun 3% máis que o ano pasado.


17 febreiro 2017

Outras novas

Alumnos do CEIP Florida de Sanxenxo

22 maio 2017, sanxenxo, compostaje, compostaxe, plan revitaliza, ceip florida
Xuntas ponte de Catoria

22 maio 2017, mobilidade, movilidad, ponte de catoira, obras, xuntas
Logo olimpicos

22 maio 2017, mondariz, exposición, de pontevedra a río 2016
Ruinas San Domingos

22 maio 2017, ayudas, axudas, patrimonio histórico e cultural