Noticias
Reunión grupo Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas ofrece á veciñanza un curso gratuíto de preparación para os exames de Graduado en ESO

As clases comezan o próximo luns, día 16, e as persoas interesadas deben inscribirse nas oficinas municipais

O Concello de Ponte Caldelas fai unha aposta pola educación de adultos e por elo pon en marcha un curso de capacitación para a obtención do título de Graduado en Ensino Secundario Obrigatorio (ESO). O curso, que está aberto a toda a veciñanza, arranca o póximo luns, 16 de xaneiro, ás 10.00 horas, no Centro Cultural.

A actividade, promovida polo Goberno local tripartito formado polo PsdeG-PSOE, AVP e BNG, é completamente gratuíta e está programada de tal xeito que se poidan adquirir os coñecementos necesarios para superar os exames para a obtención deste título. A organización corre a cargo da axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello.

Consiste en case cinco meses de actividade formativa que se estende ata as datas do exame oficial, programado para o próximo mes de maio. As clases impartiranse os luns, mércores e venres, en horario de mañá, de 10:00 horas a 13:00 horas.

As persoas interesadas deben presentar as solicitudes nas oficinas xerais do Concello ou pedir información por vía telefónica (986750013).

O Goberno local de Ponte Caldelas ofrece esta actividade á súa veciñanza como unha iniciativa específica contra o abandono escolar e unha vía de acceso moi útil para outras actividades formativas para ás que se esixe habitualmente o título de graduado en ESO. Non son poucas as ocasións nas que unha persoa desempregadoa non poden acceder a un determinado curso con certificado de profesionalidade por falta desta titulación.

Por este motivo, dende o Concello animan a todas as persoas, con independencia da súa idade, a inscribirse e aproveitar esta oportunidade de obter o título da ESO.


11 xaneiro 2017

Outras novas

Alumnos do CEIP Florida de Sanxenxo

22 maio 2017, sanxenxo, compostaje, compostaxe, plan revitaliza, ceip florida
Xuntas ponte de Catoria

22 maio 2017, mobilidade, movilidad, ponte de catoira, obras, xuntas
Logo olimpicos

22 maio 2017, mondariz, exposición, de pontevedra a río 2016
Ruinas San Domingos

22 maio 2017, ayudas, axudas, patrimonio histórico e cultural