Jesús Vázquez Almuíña

Deputado de asistencia aos concellos, transparencia e administración xeral

Jesús Vázquez Almuíña
Logo partido politico

Biografía

Naceu en 1962 en Baiona, está casado e ten 3 fillos.

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Traballou como médico asistencial e xerente do Hospital Meixoeiro de Vigo.

Alcalde de Baiona entre os anos 2004 e 2015 e deputado provincial entre o 2003 e o 2015. Conselleiro de Sanidade entre os anos 2015 e 2020, presidente do Porto de Vigo entre o 2020 e o 2023 e deputado autonómico en dúas lexislaturas.

Actualmente, é alcalde do Concello de Baiona e deputado provincial.

Comisións informativas

  • Comisión Especial de Contas
  • Xunta de Goberno
  • Transparencia, Réxime Interno e Facenda
  • Cooperación Local, Transfronteiriza e de Coordinación das Emerxencias Provinciais
  • Turismo, Acción Comunitaria, Impulso Rural e Medio Ambiente
  • Igualdade, Políticas Sociais, Familia e Reto Demográfico
  • Proxectos Europeos, Modernización Tecnolóxica, Administrativa e Axenda Dixital
  • Cultura, Educación, Patrimonio Histórico, Documental e Lingüístico
  • Deportes, Xuventude e Vida Saudable
  • Infraestruturas, Equipamentos Públicos e Mobilidade
  • Promoción Económica, Impulso e Formación para o Emprego